PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
noulogofep

Abr 12

Xa se coñecen os grupos dos Campeonatos de España de Seleccións Autonómicas Feminino e Masculino.

Onte foi o sorteo dos grupos dos Campeonatos de España de Seleccións Autonómicas das categorías feminina e masculina.

 

No XV Campeonato de España de Seleccións Feminino, a Galega está no Grupo B, xunto con Andalucía, Cataluña e País Vasco. No grupo A atópanse Navarra, Asturias, Madrid e Cantabria.

 

Esta competición terá lugar do 16 ao 18 de xuño en Jerez de los Caballeros, en Badajoz, e o primeiro partido da selección galega é contra a selección de Catalunya o día 16 ás 13:30 horas.

 

En canto ao XXVII Campeonato de España de Seleccións Masculino, a Galega está no grupo A, con Comunidad Valenciana, Euskadi, Andalucía e Navarra.

 

O Campeonato masculino se xogará do 15 ao 18 de xuño en Burguillos, tamén en Badajoz, e a Selección Galega debutará contra Euskadi no primeiro partido da competición, o día 15 ás 09:00 horas.

 

 

WhatsApp Image 2023-03-15 at 12.41.57

WhatsApp Image 2023-02-23 at 11.44.35 (1)

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL