PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
CAS_0867CCAAB

Ene 29

Vitoria das Irmandiñas Roller Derby no seu primeiro partido ante un combinado ourensán-leonés

Que a modalidade de Roller Derby crece paulatinamente co paso dos meses é xa un feito. Así o demostran os novos equipos que se van formando e un deles é o Irmandiñas Roller Derby da Coruña, que este sábado 27 de xaneiro no pavillón de Elviña II da cidade herculina afrontaba o seu primeiro encontro “oficioso” con carácter de amigable, para o que recorrían a un combinado formado por xogadoras dos equipos Roller Derby Ourense “As Lobas de Morgana” e Lion Girls Roller Derby de León, contando tamén coa axuda de Castañeiras Roller Derby Lugo e outra desprazada desde Vigo e Pontevedra.

Ambos conxuntos demostraron unha gran capacidade durante os 60 minutos de partido, aínda que finalmente a vitoria correspondía ás Irmandiñas por un claro 137-65, quizá demasiada diferenza para o que se viu na pista, pero que serviu para mostrar a excelente formación coa que contan as coruñesas tras case un ano desde a súa fundación. Ademais, antes do encontro tamén se celebrou un “scrimmage”, co fin de recrutar e animar a futuros xogadores, árbitros ou NSO (auxiliares). O primeiro paso está dado e seguro que non será o último.

#eupatino

[Fotos: Vanessa Casteleiro – Roller Agencia]

ROLER DERBY INRMANDIÑAS

ROLER DERBY INRMANDIÑAS

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL