Logo de la Fundación Deporte Galego

Sep 17

REQUISITOS MÍNIMOS PARA AUTORIZAR A AMPLIACIÓN DE AFORO NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

 

 

Con respecto á posibilidade de solicitar autorización para a ampliación dos aforos vixentes (300 espectadores en instalacións pechadas e 1.000 en instalacións abertas, cun máximo do 75% do total do aforo), achéganse os requirimentos do departamento de Sanidade que debería de contemplar un protocolo específico da instalación.

No caso de querer solicitar a ampliación dos aforos, de ser necesario, e mediante o cumprimento das medidas descritas, deberán de remitir un protocolo con estas especificacións aos efectos de solicitar a autorización preceptiva por parte do departamento de Sanidade.

Non obstante, tamén nos indican que as posibles autorizacións non procederán con respecto ás zonas con medidas especiais de restricións, mentras duren as mesmas

 

Estanse a recibir nesta unidade solicitudes para aumentar o límite de aforo de público nas instalacións deportivas. Dado que este tipo de eventos deportivos están clasificados de alto risco e dalgún xeito hai que instaurar medidas preventivas para minimizar os riscos; cómpre informarlles dos requirimentos mínimos que exisirá a Dirección Xeral de Saúde Pública e que deberán estar descritos e ben xustificados na documentación que presenten para autorizar estas ampliacións.

 

En todo caso, hai que incidir tamén en que estas autorizacións estarán condicionadas pola evolución da situación epidemiolóxica e as medidas de hixiene e prevención que se poidan tomar con respecto a mesma, polo que cando existan medidas de prevención específicas para facer fronte aos abrochos e ás cadeas de transmisións existentes no ámbito territorial onde estea situada a instalación deportiva; deberanse rexir polas restriccións vixentes.

 

1._ CÁLCULO DA CAPACIDADE MÁXIMA DE PERSOAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

 

Sempre se debe garantir unha distancia de 1,5 metros entre cada persoa do público nas catro direccións, polo que non se autorizarán aforos superiores a dita capacidade. Para o cálculo deste aforo tomarase en consideración o centro do asento onde se sitúe o público para realizar este cálculo. Estas medidas de 1,5 metros entre asentos deberán estar contempladas clara e explicitamente nos protocolos que se presenten na Dirección Xeral.

 

2._ PORTAS DE ACCESO

 

Con respecto ás portas de acceso, sempre se deberá garantir que exista persoal de seguridade en cada porta e un acceso escalado que garanta que non se formen aglomeracións en cada porta. Como norma xeral, por cada acceso non poderán acceder máis de 300 persoas en espazos pechados e 1000 en espazos abertos, a non ser que se establezan franxas horarias a cada espectador para entrar ou saír de forma que se garanta que non haxa aglomeracións.

 

3._ ASEOS

 

Con respecto aos aseos, sempre se deberá garantir que exista persoal de seguridade nos accesos aos aseos, e que non se formen aglomeracións nestes.

 

4 CAFETERÍA

Non se poderá vender comida nin bebida nas instalacións deportivas.

 

 

5 VENTILACIÓN

 

O maior risco desta actividade podería estar na capacidade de ventilación/climatización das salas, polo que deben xustificar e garantir que non hai recirculación de aire e que os sistemas de climatización do local son revisados segundo a guía do Ministerio (https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/docume ntos/Recomendaciones_de_operacion_y_mantenimiento.pdf)

 

 

6._ LIMPEZA E DESINFECCIÓN DAS INSTALACIÓNS

 

-Deberase garantir a adecuada limpeza e desinfección das instalacións.

 

 

7 OUTROS REQUIRIMENTOS

 

-Ter implantado un protocolo de actuación ante supuestos casos de COVID-19.

 

Venda de entradas por adiantado con asentos preasignados e comunicación previa das medidas de prevención na venda de entradas.

 

Comunicar que non se asista ao evento cando se ten síntomas, está en illamento ou corentena.

 

Obligatoriedade de uso de máscara.

 

Obligatoriedade de estar sempre sentado.

 

-Evitar as aglomeracións.

 

-Non está permitido comer na instalación.

 

-Manter sempre a distancia mínima de 1,5 metros entre as persoas en todo momento.

 

-Evitar o uso compartido de obxectos que sexan difíciles de limpar e desinfectar.

 

-Hixiene extrema.

 

-Implementar sistemas que permitan o rexistro de identificación do público con información de contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

 

 

7 NORMAS DE USO DA INSTALACIÓN

 

O persoal propio da instalación deportiva deberá garantir que se cumpren as normas de uso da instalación, imprescindible a non formación de aglomeracións nas entradas, nos baños, garantir que os asistentes utilicen sempre máscara, e que o público estea sempre sentado.

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL