PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
RD-2017-05-13-TorneoAbertoBrigantias1

May 14

O equipo das xogadoras galegas vence no Torneo Aberto As Brigantias de Roller Derby

Na tarde deste pasado sábado disputouse no pazo municipal de deportes de Riazor na Coruña o Torneo Aberto As Brigantias, que organizado por este club local contou coa presenza de xogadoras dos equipos Roller Derby Madrid, Kinkicharrras Roller Derby Salamanca, Sereas Bravas Roller Derby Vigo, Black Thunders Derby Dames Madrid, Rocket Dolls Doller Derby Coimbra e tamén do propio As Brigantias Roller Derby, que se distribuíron en tres equipos para disputar un triangular.

Os denominado conxunto “A” estivo formado polas xogadoras dos galegos mentres que o “B” e o “C” conformáronos o resto das que acudiron. Nos tres partidos celebrados, o “A” derrotaba ao “B” por un axustado 196-102, vencendo estas á súa vez ao “C” por 199-146. No derradeiro encontro, o “A” das galegas vencía ao “C” por 149-172, converténdose así no equipo que lograba gañar os seus dous partidos.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL