PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-_MG_6372

Dic 29

Exitoso estreo en Pontevedra do Circuíto Galego Júnior de Skateboard

O Circuíto Galego Júnior de Skateboard iniciábase na xornada do sábado 29 de decembro cunha magnífica participación de 56 Skaters, unha cifra excelente para o período non lectivo no que nos atopamos e que fai que moitos dos potenciais inscritos se atopen fóra dos seus respectivos lugares de residencia.

Enmarcado dentro do Festival de Cultura Urbana Urbanfest organizado por HQR, o evento deportivo que nacía co incondicional apoio da Federación Galega de Patinaxe na primeira das catro probas previstas -o resto serán na Coruña, Ferrol e Vigo ou Ponteareas xa en 2019-, esta primeira cita tivo como organizador ao club local Viejo Lobo School, que deseñaba un pequeno espazo con dúas ramplas na Nova Praza da Cruz Vermella de Pontevedra, onde ademais estaba situado o epicentro do Urbanfest con diversas actividades adicionais nas inmediacións.

Esta iniciativa é pioneira en España e mesmo en Europa polo que tras unha fase previa onde entraban en concurso todos os Skaters distribuídos por idades e categorías e que se disputou en case toda a súa totalidade durante a mañá, dábase paso ás finais ás que unicamente se clasificaron os mellores e que se celebraron desde media tarde nunha agradable xornada que foi seguida por numerosos afeccionados ao Skateboard, como podedes ver nesta galería de imaxes.

Así quedaron os podios de todas as categorías:

Sub 6: 1.º Iago Cabarcos. 2.º Álvaro Casariego. 3.º Álex Toro.

Sub 9: 1º. Luis Cabarcos. 2.º Luis Martínez. 3.º Xan Escudero.

Sub 12: 1.º Valentina Blanes. 2.º Rodrigo Braña. 3.º Diego de Cuña.

Sub 15: 1.º Elijah Varela. 2.º Anxo García. 3.º Antón Martínez.

Sub 18: 1.º Pepe Díaz. 2.º Hugo Aldea. 3.º Saúl Martínez.

Clasificacións provisionais tras a primeira proba: Clasificaciones CGJS

#eupatino

SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-_MG_6297 SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-_MG_6411 SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-_MG_6267 SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-3  SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-_MG_6093 SK-2018-12-29-Circuito-Galego-Pontevedra-_MG_6458

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL