PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Bases Axudas DGAN 2017

Oct 20

Convocatoria de AXUDAS DGAN 2017

A Fundación Deporte Galego vén de publicar o venres 20 de outubro, no Diario Oficial de Galicia a Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2017, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN  2017”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudas: Axuda Olímpica Ouro, Axuda Olímpica Prata, Axuda Olímpica Bronce, Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos que os deportistas teñan acadado durante os anos 2015 e 2016 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores), que poidades acreditar no Anexo 2: Certificado da Federación, e que serán valorados segundo os apartados 6.4.1. e 6.4.2. das bases.

As devanditas bases desta convocatoria están á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, na web http://deporte.xunta.gal,  así como nas oficinas da Fundación Deporte Galego (tamén as podes revisar en formato PDF nos documentos adxuntos). Recordarvos, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza o venres 20 de outubrorematará o luns 30 de outubro de 2017.

Ademais, informarvos das novidades desta convocatoria de Axudas DGAN con respecto a anteriores edicións:

  1. Por primeira vez, ademais de manter tamén a liña tradicional de presentación presencial en formato papel, poderase cursar a solicitude de axuda de forma telemática. Teredes á vosa disposición os formularios normalizados (anexos I, II e III) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderedes utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir do 21 de outubro).
  2. Poderán solicitar axuda todos/as aqueles/as deportistas que estiveran ou estean recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2015, 2016 e 2017(aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).
  3. Por parte da federación, debedes remitirvos unicamente a aportarlle ao deportistas que volo solicite, o anexo 2 correctamente cuberto e asinado,que vos enviamos neste correo e que tamén tedes dispoñibles na nosa páxina web e na citada sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para calquera dúbida, podes contactar co Técnico Deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz, no teléfono 881 996 375 ou no correo electrónico: luciano.diaz.martinez@xunta.gal

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL