PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-10-26.27-PA-III-Fase-Rexional-ProbasAcceso

Oct 24

Avance III Fase de Categoría Rexional e Probas de Acceso de Patinaxe Artística

O C. P. A. Luar organiza esta fin de semana unha dobre competición coas Probas de Acceso e a III Fase Rexional na modalidade libre de Patinaxe Artística, que se desenvolverán en dúas xornadas no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas (Pontevedra).

Durante a mañá do sábado 26 de outubro, será a quenda das Probas de Acceso, con 34 participantes inscritos, para as categorías Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín, que por esta orde realizarán os adestramentos (de 9h30 a 10h10) e de seguido a competición (de 10h10 a 12h15).

A continuación celebraranse os adestramentos e a competición da categoría Absoluta da III Fase Rexional, coa que concluirá a xornada matinal. As probas reanúdanse pola tarde a partir das 16:00 horas coas categorías Benxamín e Infantil rematando sobre as 21:00.

A Fase Rexional, que contará coa participación de 141 patinadores e patinadoras, terá unha nova quenda na xornada do domingo 27, cos da categoría Alevín competindo pola mañá (de 10h00 a 14h00) e os de Cadete facéndoo pola tarde desde as 16:30 horas e rematando sobre as sete e media, logo dun denso e extenso programa que xa ten os horarios definitivos e as ordes de saída publicados en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL