PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 04

Avance clasificación da fase previa do Campionato de España Alevín de Hóckey Liña

O pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo acolle este venres 5 de abril e o vindeiro domingo 7 diversos partidos das competicións de Hóckey Liña. Así, o venres disputánse dous encontros, un da Liga Galega Sénior Masculina entre Lóstregos Máster e Galicia Rollers (21:00 horas) e outro da Sénior Feminina, que enfrenta a Lóstregos Feminino e C. H. L. Meigas (22:15).

A actividade do domingo será frenética, pois haberá tres partidos da Liga Galega Infantil correspondentes ás xornadas 4, 5 e 6, quedando os outros encontros das citadas xornadas para o domingo 21 de abril. Nesta destaca o que xogarán os dous primeiros clasificados, Lóstregos e A Guarda H. L. desde as 12:30 horas

Tamén se levará a cabo a clasificación para a fase previa, organizada conxuntamente por C. P. Lóstregos e Meiguiñas, do Campionato de España Alevín que se celebrará a mediados de maio e á que optarán estes dous equipos xunto a A. D. C. Alquimia Inline e Morcegos, que buscarán enfrontándose entre eles en formato de liga regular a praza que dá o acceso á mesma.

A xornada completarase co partido da Liga Galega Sénior Feminina entre Lóstregos Feminino e A Guarda H. L. (16:15).

Horarios, resultados e clasificación

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL