PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-06-01.02-HP-Cartel-Luso-Galaico

May 30

Avance 8.º Torneo Luso Galaico de Hóckey sobre Patíns

Con participación da seleccións masculinas e femininas, esta fin de semana do 1 e 2 de xuño celébrase no polideportivo de Elviña 2 da Coruña a oitava edición do Torneo Luso Galaico de Hóckey sobre Patíns, que terá á Federación Galega de Patinaxe como anfitrión.

No cadro masculino, ademais de Galicia, participarán as seleccións lusas das asociacións de patinaxe das rexións de Aveiro, Minho e Porto.

Na feminino e xunto a Galicia, participarán os equipos rexionais de Aveiro e Porto, sumándose a estes tres a selección do Principado de Asturias para completar o cadro.

Será, en ambos casos, a derradeira proba antes da participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará do 13 ao 15 de xuño en Alcoi e Cocentaina, na provincia de Alicante.

CALENDARIO-TORNEO-VIII-TORNEO-LUSO-GALAICO

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL