logo fgp

May 13

A Comisión Delegada da FGP da por finalizadas as competicións de Hoquei Patíns, Hoquei Liña e Roller Derby

A comisión delegada da Federación Galega de Patinaxe reuniuse por videoconferencia esta tarde para tratar o único punto da orde do día, “decisión a adoptar no tocante ás competicións de Hoquei Patíns, Hoquei Liña e Roller Derby e clubes que, no seu caso, poderían desputar os correspondentes Campionatos de España”.

 

Acordouse por unanimidade que:

 

1-Danse por concluidas as competicións oficiais de Hoquei Patíns, Hoquei Liña e Roller Derby da presente campaña, sen que estas teñan efectos clasificatorios e non se designarán campións. Isto non se aplica a Liga Senior de Hoquei Patíns, o finalizar un mes antes da crise do covid19 e de que se decretase o estado de alarma.

 

2-Ostentarán o dereito a acudir os correspondentes Campionatos de España de Hoquei Patíns nas categorías alevín, infantil e xuvenil, no caso de que se poidan disputar, en alevín, infantil e xuvenil os clubes de primeira división co 11 de marzo tivesen maior coeficiente de puntos por encontro. Namentres, no caso da categoría junior, o clube que nesa data teña o mellor coeficiente de puntos por partido. Se ditos clubes renuncian, ofrecerase os seguintes de maior coeficiente.

 

3-No tocante a competición de hoquei patíns femenino sub 17, no caso de ca RFEP adxudique duas prazas a Galicia de cara o Nacional, serán para os clubes Club Compañía de María e HC Raxoi. Se só se adxudica unha praza, corresponderá o clube mellor clasificado da tempada anterior.
.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL